“Cacheiras é, creo eu, para a meirande parte da xente que vivimos en Teo un lugar de referencia para o comercio, para moitos servizos, para o instituto, o centro de saúde, pois no meu caso. É unha zona que aglutina, pois, tanta poboación que, aínda que non vivas alí, acabas tomándolle cariño porque todo o mundo ten algún amigo ou amiga que vive en Cacheiras. É, tamén, historia como a da Batalla de Cacheiras sucedida nas lombas de Montouto que, dalgunha forma, marca un fito na historia do país; e finalmente, é Cacheiras probablemente o miradoiro máis privilexiado que temos ao Pico Sacro.”
María López