DE REPARTO POR CACHEIRAS
Autor: admin
Data: 23 febrero, 2023

Cacheiras é, creo eu, para a meirande parte da xente que vivimos en Teo un lugar de referencia para o comercio, para moitos servizos, para o instituto, o centro de saúde, pois no meu caso. É unha zona que aglutina, pois, tanta poboación que, aínda que non vivas alí, acabas tomándolle cariño porque todo o mundo ten algún amigo ou amiga que vive en Cacheiras. É, tamén, historia como a da Batalla de Cacheiras sucedida nas lombas de Montouto que, dalgunha forma, marca un fito na historia do país; e finalmente, é Cacheiras probablemente o miradoiro máis privilexiado que temos ao Pico Sacro.

María López

 

PaTeo CON MALÓ, A CAMPAÑA ELECTORAL DO PEXECETÉ

PaTeo CON MALÓ, A CAMPAÑA ELECTORAL DO PEXECETÉ

O Proxecto Común de Teo (PXCT) desenvolve unha campaña electoral de cara ás eleccións municipais do 28 de maio diferente da acostumada e co firme propósito de chegar a cada recuncho e a cada habitante de Teo. A candidatura liderada por María López, Maló, organiza...

A LISTA DO PEXECETÉ PRESÉNTASE ANTE O POBO TEENSE O 25 DE ABRIL

A LISTA DO PEXECETÉ PRESÉNTASE ANTE O POBO TEENSE O 25 DE ABRIL

María López, Maló, e o PXCT dan a coñecer a sintonía electoral e mailo seu lema de campaña, martes que vén, en Luou TEO. Luns, 17 de abril de 2023 – O Proxecto Común de Teo (PXCT) comeza mañá, martes 18, coa presentación das seis persoas suplentes da súa lista unha...

Share This