MARÍA LÓPEZ ÁLVAREZ, CANDIDATA Á ALCALDIA DE TEO
Autor: PXCT Comunicación
Data: 20 octubre, 2022

,.A actual concelleira de Mobilidade, Comercio, Turismo, Emprego, Igualdade, Cultura e Educación, no goberno de Rafa Sisto, encabeza a candidatura do Proxecto Común de Teo para as municipais de 2023

Teo, 19 de outubro de 2022. – O vindeiro cuarto domingo de maio toca mudar as corporacións municipais que, en Teo, está conformada por dezasete persoas. As dezasete que resulten electas, o domingo 28 de maio, serán as encargadas de elixir, no pleno constituínte do sábado 17 de xuño, quen vai ser a/o alcaldesa/alcalde para os seguintes catro anos.

A asemblea do Proxecto Común de Teo acaba de proclamar a actual concelleira de Mobilidade, Comercio, Turismo, Emprego, Igualdade, Cultura e Educación, María López Álvarez (en diante, MaLó.) como a número 1 da nosa candidatura.

MaLó ocupou o número 4 da lista do alcalde, Rafa Sisto, ás municipais de 2019 e leva toda esta lexislatura ocupando diferentes áreas no goberno de Teo e desenvolvendo actividades tan recoñecidas como a dos cabaliños do San Martiño; a creación dos espazos naturais, ‘HabitaTeo’, coa recuperación da Tomada de Calo; a promoción da Asociación Empresarial de Teo; a posta en valor do patrimonio cultural a través da rede de rutas e visitas teatralizadas e a reactivación e consolidación de Apego, por citar algunhas das iniciativas de maior éxito.

Nai de Lea, Xío e Maio. MaLó, está casada con Miguel González e vive en Regoufe (Luou) desde 2015. Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago, sacou a praza de funcionaria de profesora de Educación Secundaria, en 2010, agora en excedencia por mor das súas responsabilidades no goberno en Teo.

A nosa candidata dá o paso de pórse á fronte da lista “para seguir facendo o camiño que comezou no ano 2007”, a senda construída en ámbalas lexislaturas de Martiño Noriega, en 2007 e 2011, e continuada polas dúas de Rafa Sisto, en 2015 e mais en 2019.

Apaixonada do traballo cooperativo e de todo o que ten que ver con tecer redes entre as persoas e o territorio”, como ela se define a si mesma. MaLó, quere “seguir aportando a miña enerxía, a miña empatía e a miña capacidade de traballo porque hai unha morea de cousas que seguir coidando e un feixe delas que están por facer”.

Un inciso, nas redes sociais polas que anda adopta o nome de usuaria @marialopezsera . Chamámola MaLó  (de MAría pez ) de Teo.

As portas do Proxecto Común de Teo están abertas de par en par. Entrade!

PaTeo CON MALÓ, A CAMPAÑA ELECTORAL DO PEXECETÉ

PaTeo CON MALÓ, A CAMPAÑA ELECTORAL DO PEXECETÉ

O Proxecto Común de Teo (PXCT) desenvolve unha campaña electoral de cara ás eleccións municipais do 28 de maio diferente da acostumada e co firme propósito de chegar a cada recuncho e a cada habitante de Teo. A candidatura liderada por María López, Maló, organiza...

A LISTA DO PEXECETÉ PRESÉNTASE ANTE O POBO TEENSE O 25 DE ABRIL

A LISTA DO PEXECETÉ PRESÉNTASE ANTE O POBO TEENSE O 25 DE ABRIL

María López, Maló, e o PXCT dan a coñecer a sintonía electoral e mailo seu lema de campaña, martes que vén, en Luou TEO. Luns, 17 de abril de 2023 – O Proxecto Común de Teo (PXCT) comeza mañá, martes 18, coa presentación das seis persoas suplentes da súa lista unha...

Share This