Xogamos o número 55209 nun billete ilustrado coa foto da nosa candidata á alcaldía, María López Álvarez
Teo, 17 de outubro de 2022.- O 2023 é ano de eleccións municipais e toca facer peto para afrontar os gastos que implican estes procesos. Tradicionalmente, tanto asociacións e como partidos políticos sen grosas contas bancarias optamos por vender participacións da lotaría de nadal como un xeito accesible de recadar uns poucos cartos cos que empezar a facer peto.
No Proxecto Común de Teo vimos de imprimir no prelo PARSAN GRÁFICA S.L. http://parsangrafica.com/gl/sample-page/ (parcela R-2 da vía Diésel do Polígono santiagués do Tambre) dos irmáns Pedro e María Pardo Sánchez, con veciñanza en Teo, o noso billete ilustrado coa foto da nosa candidata á alcaldía, María López Álvarez (@mariaelea nas redes sociais).
O número que xogamos é o 55209 adquirido na Administración de Lotaría Nº1 de Teo A SORTE, sita na Travesía de Montouto https://www.loteriaasorte.com/ nº 22 Bloque D Local 4. Esta administración repartiu, no 2018, 6,4 millóns de euros do Gordo, o 03347.
Arrincamos pondo á venda 900 boletos de 2,5 € (18 talonarios de 50 participacións), o que supón xogar á lotaría de Nadal 1.800 euros, se o damos vendido todo. Como se acostuma facer, dous euros invístense no propio sorteo do Gordo do 22 de decembro e os 0,50 € restantes participan na rifa de douscentos euros de compra no MERCADO DE ALIMENTO LABREGO DE TEO, que se fai, aos sábados pola mañá, na Praza do Mercado dos Tilos.
Podédenola mercar cando nos vexades pola rúa ou contactando connosco cunha mensaxe polas nosas múltiples redes sociais, onde nos atoparedes como @proxectoteo, ou enviando un correo a falacon@proxectocomunteo.gal.
Que haxa sorte e saúde!