1. Identificación da propiedade desta páxina web

O Proxecto Común Teo (en diante, PXCT) CIF G44806065

Regoufe, 78. Luou 15.883 TEO

2. URL

https://proxectocomunteo.gal/ 

3. Contacto

falocon@proxectocomunteo.gal

4. Condición de persoa usuaria e dereito de acceso

O acceso aos contidos desta web é público e gratuíto.

A persoa que acceda, navegue, utilice ou participe nos servizos desta web terá a condición legal de USUARIA da web e implicará a aceptación expresa e sen reservas de todas e cada unha das condicións xerais que se publican neste aviso legal e das condicións particulares que se inclúan nas páxinas do sitio ou para servizos concretos.

O dereito para acceder, navegar e utilizar a información e servizos desta web queda condicionado ao bo uso da mesma, á utilización de datos veraces por parte das usuarias e ao cumprimento das presentes condicións xerais e as condicións particulares incluídas nas páxinas do sitio.

O PXCT denegará, retirará o acceso e uso da web e cancelará, no seu caso, as contas de usuario que puidesen existir, en calquera momento e sen aviso previo, a toda persoa que incumpra as condicións xerais ou particulares que regulen o uso deste sitio web.

En particular, denegarase o acceso a quen faga un mal uso das ferramentas, servizos e contidos que se facilitan ás persoas usuarias, que vulnere os dereitos e liberdades da cidadanía, que infrinxa os dereitos da propiedade intelectual, industrial ou de imaxe de terceiras persoas, que utilice identidades ou números de documentos de identificación falsos, ficticios, de terceiras persoas ou duplicados, que utilice calquera dato persoal, números de teléfono ou direccións de correo ou teléfonos móbiles falsos, ficticios ou inexistentes.

5. Modificacións da web, dos servizos e das condicións de uso

O PXCT resérvase o dereito de modificar unilateralmente en calquera momento e sen aviso previo as presentes condicións xerais, as condicións particulares, as condicións de uso e os contidos e servizos que se prestan nesta páxina web.

Tamén se reserva o dereito para modificar unilateralmente en calquera momento e sen aviso previo o deseño, servizos, información e configuración do sitio web.

6. Uso do contido e servizos da web

Esta web foi deseñada e programada seguindo as técnicas e directrices de accesibilidade internacional, para facer posible o seu uso a todo tipo de usuarias, incluídas as que sofren algún tipo de discapacidade.

As usuarias da web absteranse de utilizar calquera dos servizos e contidos desta web con fins ou efectos ilícitos, prohibidos nestas condicións, que vulneren os dereitos e liberdades doutras persoas ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a utilización normal e correcta dos servizos desta web, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e contidos almacenados en calquera equipo informático ou servidor do PXCT ou doutras usuarias.

Cando o uso destas ferramentas implique a ligazón a sitios web de terceiras, deberán cumprirse as condicións de uso, emprego de cookies e política de privacidade de quen presta os servizos da web de destino.

As usuarias non están autorizadas a reproducir, copiar, distribuír, modificar, ceder ou comunicar publicamente a información contida na web a menos que se conte coa autorización da titular dos correspondentes dereitos ou que resulte legalmente permitido.

As usuarias non están autorizadas para empregar a información contida na web con fins comerciais, enviar mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas con independencia da súa finalidade, así como comercializar de calquera modo a devandita información.

7. Titularidade dos contidos e propiedade intelectual

Toda a información contida nesta web, incluíndo imaxes, deseños gráficos ou códigos informáticos, nomes comerciais, marcas e signos distintivos, entre outros, son propiedade intelectual e industrial do PXCT, agás que se indique a persoa autora particular.

As usuarias que queiran publicar contidos neste sitio web deberán ser titulares de todos os textos, imaxes, vídeos e logotipos que inclúan na súa publicación.

Neste caso, as usuarias manterán os dereitos de propiedade intelectual sobre as obras que se publiquen.

As usuarias só poderán reproducir ou copiar, distribuír, modificar, ceder ou comunicar publicamente a información contida na web se dispoñen da autorización do PXCT ou da titular dos correspondentes dereitos de propiedade intelectual ou de imaxe dos contidos publicados ou se resulta expresamente autorizada nestas condicións xerais.

Autorízase a difusión e uso dos contidos desta web que sexan propiedade intelectual e industrial do PXCT tanto para uso privado como para promocionar o sitio web, as súas actividades de participación e o proxecto político do PXCT.

Prohíbese expresamente reproducir, copiar, distribuír, modificar, ceder ou comunicar publicamente os contidos desta web con fins comerciais, enviar mensaxes non solicitadas con contidos desta páxina web e dirixidos a unha pluralidade de persoas con independencia da súa finalidade ou utilizalos de calquera modo que impliquen a obtención dun beneficio económico ou que poidan prexudicar de calquera modo ao PXCT.

Supón unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual protexidos pola lei copiar, reproducir, comunicar, distribuír, modificar ou ceder a información contida na web e propiedade de terceiras, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos, que resulte legalmente permitido ou que estea expresamente autorizado nestas condicións xerais.

8. Os enlazamentos

Este sitio web poderá conter enlazamentos a webs de terceiras.

Neste caso o PXCT non asume ningunha responsabilidade polos contidos, informacións ou servizos que aparezan nas devanditas páxinas web, as cales terán un carácter exclusivamente informativo.

A mera existencia destas ligazóns non implican a existencia dunha relación xurídica ou contractual entre o PXCT e as propietarios das web enlazadas.

As persoas que queiran incluír nas súas webs algunha ligazón ás páxinas web do PXCT deberán cumprir as seguintes condicións:

Que o enlace indique claramente que a titularidade da páxina enlazada é propiedade do PXCT.

Que a ligazón reenvíe de forma clara e directa nunha nova xanela do navegador á web do PXCT e non se limite a incorporar o contido da nosa web nos marcos ou ventás da web do terceiro.

Que sexan respectados os dereitos de propiedade intelectual e industrial do PXCT e das persoas que publicasen contidos neste sitio web.

 

9. Exclusión de garantías e responsabilidades

O PXCT non responderá ante aquelas persoas, sexan usuarias ou terceiras, que resulten prexudicadas polos danos e perdas de calquera clase e natureza causados:

a) polos contidos, produtos e servizos prestados por terceiras persoas, empresas ou entidades a través desta web e, en particular, polos servizos e ferramentas de votación e participación prestados polas empresas enlazadas nas súas páxinas;

b) pola falta de funcionamento da web ou dos servizos que se prestan e das sentenzas no acceso ás distintas páxinas web ou a aquelas desde as que se prestan os servizos;

c) pola existencia de virus no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios;

d) pola presenza de virus nos servizos prestados por terceiras persoas, empresas ou entidades a través desta web;

e) polo acceso á web por persoas non autorizadas utilizando os nomes de usuaria e contrasinais da usuaria ou saltándose as medidas de seguridade legalmente establecidas e implementadas polo PXCT;

f) polo incumprimento por parte das usuarias das obrigas de privacidade e de protección de datos de carácter persoal propios e de terceiras persoas;

g) polo mal uso da web ou dos servizos de votación e participación prestados polo PXCT e polas empresas enlazadas nas súas páxinas;

h) polo incumprimento das presentes condicións xerais e particulares e as publicadas en calquera páxina desta web e nas de terceiros;

i) polas infraccións en materia de propiedade intelectual ou industrial e dereitos de imaxe cometidos polos usuarios;

l) pols vulneracións dos dereitos á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe doutras usuarias da web e de terceiros labores polas usuarias.

10. Aceptación tácita das usuarios e lexislación aplicable

O simple acceso á web e uso dos seus servizos implicará a aceptación tácita das condicións de uso e política de privacidade que estean vixentes no momento do acceso e publicadas neste aviso legal.

As condicións xerais e particulares de uso, emprego de cookies e política de privacidade desta páxina web rexeranse pola lexislación española.

O PXCT e as persoas usuarias da web, con renuncia expresa ao foro que puidese corresponderlles, sométense aos xulgados e tribunais de Galicia e España, para calquera controversia que puidese xurdir da prestación dos servizos online obxecto destas condicións xerais.

11. A protección dos datos persoais

A política de privacidade do PXCT está adaptada ao Regulamento Xeral de Protección de Datos, unha norma de aplicación directa en toda a Unión Europea.

O PXCT está plenamente comprometido co respecto á privacidade como dereito fundamental de todas as persoas inscritas e cumpre de forma estrita e con transparencia a normativa en materia de protección de datos.

Para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco no tratamento dos datos das persoas, o PXCT aplica as medidas técnicas e organizativas apropiadas, tendo en conta o estado da técnica e a natureza, o alcance, o contexto e os remates do tratamento.

Share This