ESTEOS

Benxa Salgado

BENXA SALGADO

Mestre e ex director no CEIP A Ramallosa

«Como docente e como persoa sempre traballei pola tolerancia, o respecto, a solidariedade e a democracia real, entendida como a constancia dunha sociedade plural na que todas e todos podemos e debemos opinar e participar.

Por iso sintonizo con María, a candidata do Proxecto Común de Teo para a alcaldía. Xa ten demostrada a súa capacidade de traballo e actitude de compromiso con eses valores, nun momento no que a crispación e a intolerancia ocupan cada vez máis os espazos de debate democrático. Por iso, a min represéntame.»

RECESENDE

Benxa Salgado

JULIA POZO

Xeógrafa e xemóloga autónoma

«Por paixón e formación, defínome como xeógrafa cultural. A Paisaxe Cultural é a miña paixón: o territorio, as súas xentes e as súas historias, sons, olores, sabores…
Sinto que María comparte esta inquietude polo tecido social e cultural, de aí, o meu apoio infinito á súa candidatura á alcaldía co PXCT.”

CACHEIRAS

Benxa Salgado

NORA POUSA DÍAZ

Mestra xubilada

«A pesares de estar xubilada, os meus ideais seguen en activo. Creo nos servizos públicos, na igualdade de oportunidades, na miña identidade e no meu idioma. Creo nunha Galiza máis xusta, máis leda e máis nosa!.”

OZA

Benxa Salgado

MANUEL LAREO

Mestre

«Abofé que en Teo queda aínda moito por facer, por «construír», por mellorar e por solucionar.

E para isto Teo precisa continuar con este proxecto común que vén integrando, dende hai anos, unha parte da cidadanía que desexa unha política construtiva, baseada na escoita e no diálogo, que busca o ben común.

Apoio a María porque sei que seguirá a escoitar, seguirá a tender pontes e seguirá a facer de Teo un lugar máis respectuoso, sostible, plural e aberto.”

BAMONDE

Benxa Salgado

RAQUEL MARTIZ

Profesora de galego na Secundaria

«Porque, como canta Sés, o que custa un século andar, en dous días se desanda. Moito ten avanzado este concello desde 2007! Cito tan só o fito da xestión pública da auga. Aquí, ningunha empresa ‘coida’ ese ben vital, é un servizo municipal, de todas as persoas que habitamos Teo. Coidémolo! O PXCT con María López significan a mellor garantía.”

LUOU

Benxa Salgado

XOSÉ MARÍA LEMA SUÁREZ

Profesor, investigador e académico correspondente

«Eu tamén apoio o Proxecto Común de Teo e a candidatura de María López.”

CACHEIRAS

Benxa Salgado

SOEDADE NOIA

Xornalista

«Igual porque non hai tempo: nin para dilacións absurdas nin debates estériles. Igual porque hai que seguir traballando e queda moito por facer. Eu apoio a María López, activista social, de ampla mirada, de xesto verde, en claro movemento pola recuperación do parrimonio cultural e natural do noso concello, do turismo verde pero tamén polo xeito de emocionarse, cando se presentan ideas que avanzan contra a soedade e afondan na cohabitación. Fixo. Non hai outra opción.”

CACHEIRAS

Benxa Salgado
ALBERTO RIVADULLA
Deseñador gráfico

«Polo traballo feito, pero áinda máis polo que resta por facer. Porque ten demostrado a súa valía e capacidade de traballo. Porque ten a maiña confianza, apoio o PXCT e a cadidatura de María López.”

VILARIÑO

Benxa Salgado
CARLOS FRANCO
Profesor

«Hai veces en que a continuidade dun proxecto é a única garantía de solvencia e bo facer. No caso do goberno de Teo, isto fíxose de maneira natural nos últimos lustros, con resultados exitosos e amplamente contrastados. Toca de novo unha remuda, desta volta, cunha muller comprometida, eficaz e ilusionada. Para que Teo poida seguir sendo referente nacional do municipalismo galego de esquerdas.”

RECESENDE

Benxa Salgado
MANUEL LAREO

Comercial

«Porque temos que seguir a conquistar liberdades.
Porque temos que seguir a reforzar os servizos sociais.
Porque temos que seguir a aumentar a municipalización.
Porque ten positividade, alegría, imaxinación, responsabilidade e por máis, eu estou con María López.”

BAMONDE

Benxa Salgado
ROBERTO BLANCO

Técnico en SIX, Xunta de Galicia

«No ano 2001 vin vivir a Teo, o modelo político que había non era o que eu quería para o sitio que elixira para vivir.

Despois destes anos, vivín varios períodos electorais, creo que desde entón Teo é un lugar mellor , por iso María López é a persoa adecuada para seguir adiante creando espazos de ilusión e diálogo coa veciñanza.

O meu esteo é para María López e o Procexto Común de Teo. ”

LUCI

Benxa Salgado
PILAR FAXIL

Guionista

«Teo leva 16 anos sendo un referente do municipalismo de esquerdas e María López é a continuación dun proxecto feminista, ecolóxista, solidario, alegre e combativo.
Sempre con María.”

OZA

Benxa Salgado

ANTÍA OTERO

Poeta e editora

«Cando os corpos das mulleres son un campo de batalla e a diversidade un valor que defender en cada conversa; cando a saúde pública e o ecoloxismo son depositados nas mans duns intereses económicos sempre camaleónicos; cando a cultura e os coidados desaparecen das axendas… cómpre máis que nunca facerse fortes na proximidade e no local, no feminismo e nunha rede veciñal que debe ser xenerosa e compartida.


É por todo isto que María López encarna os valores que desexo para o concello no que vivo e no que acompaño o medrar das miñas fillas, o lugar dende o que escribo e trato de construír un horizonte de esperanza. Un proxecto común liderado por unha muller comprometida, paciente e sensible, adxectivos que remarco á mantenta por estaren en extinción.


Ao pé do 8M, mando unha salva de aplausos a todas as mulleres que dan un paso adiante para seren futuras alcaldesas e que, como María López, están dispostas a melloralo todo coas mans libres, dende a acción real e a alegría..”

CALO

Benxa Salgado
FRANCISCO NANÍN

Mestre

«Como veciño de Teo e como traballador do ensino, apoio a candidatura de María López á alcaldía de Teo,bpola súa capacidade de traballo, a súa honestidade , o sereno entusiasmo que transmite e para continuar un camiño empezado fai xa 16 anos.”

CALO

Benxa Salgado
AMALIA RODRÍGUEZ

Parada e Nai

«Dende hai 5 anos, son teense. É o lugar onde decidín crear familia e gústannos tódalas posibilidades que en Teo existen para as crianzas. Isto é así porque, dende o Concello, teñen en conta o que as rapazas e rapaces precisan para medrar. María López é unha desas persoas que procura o benestar das xeracións que veñen. Por todo isto, eu apoio o Proxecto Común de Teo.”

TEO

Benxa Salgado

VÍTOR VILLANUEVA

Científico ambiental

«Hai una anomalía chamada Teo. Un reduto de gobernanza exemplar, que durante anos dá cátedra a outros concellos. Collamos o mellor e rectifiquemos os erros cometidos. Defendamos a resistencia fronte aos que tecen a soga do aforcado, eses que venden a nación, que repudian o colectivo en favor de encher o seu bandullo. Porque a República faise todos os días, eu apoio o Proxecto Común de Teo.”

OS TILOS

Benxa Salgado
MARÍA ÁLVAREZ GAREA
Mestra

«Só hai que botar a vista atrás e facer un pouco de memoria para ver os avances que se produciron no noso concello cos equipos encabezados por Martiño e Rafa. Agora, agrádame que sexa unha muller como María López a que asuma a remuda para seguir medrando e avanzando. Cómpre ter entusiasmo, compromiso e ilusión para estar á fronte dun concello como Teo, cualidades todas que amosa a nosa candidata. Por iso, eu apoio a Maló e o Proxecto Común de Teo.”

RECESENDE

Share This