O PXCT COMENZA O REPARTO DO PRIMEIRO VOCEIRO PARA PRESENTAR A SÚA CANDIDATA Á ALCALDÍA, MARÍA LÓPEZ
Autor: admin
Data: 2 febrero, 2023

A pola quinta lexislatura, con folgos renovados e renovadores, na senda de Martiño Noriega e Rafa Sisto

TEO. Mércores, 1 de febreiro de 2023 – Co arrinque do mes de febreiro, o Proxecto Común de Teo (PXCT) inicia o reparto do seu primeiro voceiro de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.

O obxectivo é presentar a candidata á alcaldía de Teo polo Pexeceté, María López Álvarez, “para conquistar a confianza do pobo e seguir a gobernar Teo unha quinta lexislatura continuando a senda iniciada polas dúas de Martiño Noriega (2007 e 2011) e mantida por outras tantas de Rafa Sisto (2015 e 2019) con folgos renovados e renovadores”.

O ‘Comando Reparto’ en acción_

Cadrando co Día da Candeloria, no que disque casan os paxariños, o PXCT pon en marcha o Comando Reparto, aproveitando que medran os días, preludio da primavera que se achega malia que cando a Candeloria ri, o inverno aínda está por vir… Desde o 2 de febreiro e, mentres o tempo seco o permita, un grupo do PXCT visita, xunto á aspirante a rexedora, lugares das trece parroquias para falar coa xente e presentarse mentres continúan coa distribución do voceiro casa a casa. Empezamos xoves en Luou e venres, nos Tilos. MaLo será!

PaTeo CON MALÓ, A CAMPAÑA ELECTORAL DO PEXECETÉ

PaTeo CON MALÓ, A CAMPAÑA ELECTORAL DO PEXECETÉ

O Proxecto Común de Teo (PXCT) desenvolve unha campaña electoral de cara ás eleccións municipais do 28 de maio diferente da acostumada e co firme propósito de chegar a cada recuncho e a cada habitante de Teo. A candidatura liderada por María López, Maló, organiza...

A LISTA DO PEXECETÉ PRESÉNTASE ANTE O POBO TEENSE O 25 DE ABRIL

A LISTA DO PEXECETÉ PRESÉNTASE ANTE O POBO TEENSE O 25 DE ABRIL

María López, Maló, e o PXCT dan a coñecer a sintonía electoral e mailo seu lema de campaña, martes que vén, en Luou TEO. Luns, 17 de abril de 2023 – O Proxecto Común de Teo (PXCT) comeza mañá, martes 18, coa presentación das seis persoas suplentes da súa lista unha...

Share This