A LISTA DO PEXECETÉ PRESÉNTASE ANTE O POBO TEENSE O 25 DE ABRIL
Autor: admin
Data: 18 abril, 2023

María López, Maló, e o PXCT dan a coñecer a sintonía electoral e mailo seu lema de campaña, martes que vén, en Luou

TEO. Luns, 17 de abril de 2023 – O Proxecto Común de Teo (PXCT) comeza mañá, martes 18, coa presentación das seis persoas suplentes da súa lista unha vez rematada hoxe, a publicación das dezasete titulares, tantas como edís conforman a Corporación teense.

María López, Maló, candidata do Pexeceté á alcaldía nas eleccións municipais do vindeiro 28 de maio, encabeza unha listaxe que pecha Rafa Sisto, como alcalde actual. O partido comezou a facer pública esta listaxe, o pasado 1 de abril, de xeito individual, dedicándolle un día a cada persoa, consecutivamente, coa intención de que a veciñanza poida coñecer uns datos mínimos sobre as persoas que conforman esta candidatura a través das principais redes sociais nas que figura o @proxectoteo, así como na web do partido https://proxectocomunteo.gal/ e outras vías de difusión persoal como whatsapp.

Nesta liña, o martes que vén, 25 de Abril, o Pexeceté organiza o acto de presentación da candidatura diante do pobo, en Luou, parroquia na que reside Maló. A escolla da data cadra coa conmemoración da Revolución dos caraveis portuguesa que puxo fin, en 1974, a cincuenta anos de ditadura repondo a democracia ao son do Grândola e facendo valer o lema de que o pobo é quen máis ordena, a razón de existir do Pexeceté.

Se o tempo o permite, o acto celebrarase, ás oito da tarde, na carballeira luouesa e, se chove, trasladarase ao lindeiro local social da Asociación Cultural A Mámoa. Nel intervirá a número 1, María López, Maló, quen será a encargada de ir presentando as vinte e dúas persoas que a acompañan. Ademais, o PXCT fará pública unha gravación de precampaña como lanzamento da sintonía electoral e do slogan da campaña. No mesmo acto, participa Rafa Sisto, quen se despide do Concello tras vinte anos na Corporación (catro como edil da oposición; oito como concelleiro no goberno de Martiño Noriega e oito como alcalde) e que pecha a lista.

PaTeo CON MALÓ, A CAMPAÑA ELECTORAL DO PEXECETÉ

PaTeo CON MALÓ, A CAMPAÑA ELECTORAL DO PEXECETÉ

O Proxecto Común de Teo (PXCT) desenvolve unha campaña electoral de cara ás eleccións municipais do 28 de maio diferente da acostumada e co firme propósito de chegar a cada recuncho e a cada habitante de Teo. A candidatura liderada por María López, Maló, organiza...

DE REPARTO POR CACHEIRAS

DE REPARTO POR CACHEIRAS

“Cacheiras é, creo eu, para a meirande parte da xente que vivimos en Teo un lugar de referencia para o comercio, para moitos servizos, para o instituto, o centro de saúde, pois no meu caso. É unha zona que aglutina, pois, tanta poboación que, aínda que non vivas alí,...

Share This